
Illa Decepción forma parte do arquipélago das Shetland do Sur, a cen quilómetros da Antártida. Cara alí partirán en novembro os militares e investigadores que conforman a 31 Campaña Antártica Española. A operación exterior máis antiga do Exército de Terra. Durante unha semana estiveron preparándose no Grove e compartiron un intre de charla o comandante Valentín Beneitez, jefe da Campaña Antártica; a capitán Pilar Lisbona, responsable da área de medio ambiente e o capitán Antonio Donis, xefe de comunicacións.