
Jose Font, director da Radio Municipal de Tui, unha das emisoras colaboradoras con Ponte...nas ondas! convida a participar neste Día Mundial da Radio 2019. Por este estudio radiofónico pasará alumnado do Colexio Carlos Casares de Alxén ( Salvaterra de Miño ), o Agrupamento de Escolas de Valença do Minho e o IES Terra de Turonio de Gondomar.