
Nova entrega do voso programa de rock, heavy e metal de música de grupos galegos da Galiza e locutado en galego por Patty Castro. Nesta entrega ven cargado de #Música ,#Entrevistas , #Axenda de #bolos e moito mais! Comezamos con Lóstregho un grupo da costa da Morte, da pequena Ponteceso, uns amigos que soltan adrenalina e kaña a partes igual nun galegho ben bonito! Despois seguiremos coa nosa sección con Jacobo Mouriño Almeida, na que desgranaremos as novas de Rouco Son sobre a actualida de musical do panorama , e a defensa da Grupos de Vigo en Loita. Seguiremos cun referente galego en canto a traballar pola visibilidade do metal, rock e heavy galego, nacional e internacional, Ruben de ORION 2.1 .O programa da radio comunitaria de Cuac FM da #coruña Teremos a gran sorte de contar con Diego de @MOURA vocalista desta banda coruña que nos fala da incorporación de Belém Tajes e do seu tema: o baile do denton, englobado dentro do novo traballo Axexan , espreitan que van sacar en maio . Contaremos coa axenda de bolos desta finde semana por toda Galiza. E xa para rematar teremos a nosa sección de entrevistas Mulleres Galegas Kañeras MGK coa gran vocalista e compositora Uxía. Todo un referente galaico-luso! Non vos perdades este programa cargado de música!! moitos grupos e referentes para estar ao tanto da actualidade! E recorda compra música, apoia aos teus grupos locales e vai a concertos para que Galiza siga sendo Metálica.