
José Hermano Saravia explica a controvertida história da Raiña de Portugal Leonor Teles de Meneses (1371 - 1383), cognominada A Aleivosa, e que, durante a crise 1383-1385, se viu envolta na tentativa de unión á Coroa de Castela e na queda da primeira dinastia portuguesa de Borgoña. Casada co Rei Dº Fernando en 1372, asumiu a rexencia do reino tras a morte deste en 1383, circunstacia que favoreu ao seu amante galego Xoán Fernandes Andeiro, o cal pasou a vivir no pazo real. Esta ligazón desagradou ao pobo, á burguesía e a parte da nobreza, que odiaban a rexente e temían un matrimonio cun soberano vencellado á coroa castelá.