
Sebastián I de Avís, alcumado O Desexado, (Lisboa 20 de enero de 1554 - Alcazarquivir, 4 de agosto de 1578) foi o rei de Portugal, cuxa morte facilitou a anexión de Portugal á España dos Austrias (1580-1640). Fillo póstumo de João III e da infanta de España, era, por tanto, neto de Carlos I de España por vía femenina e bisneto de Manuel I de Portugal, O Afortunado, pola paterna. A súa tráxica morte en Marrocos, na batalla de Alcazarquivir (Ksar el-Kabir) propiciou o xurdimento do SEBASTIANISMO, unha sorte de mesianismo luso que se traduce nunha inconformidade coa situación política vixente e a expectativa dunha salvación milagrosa, por meio da resurrección dun morto ilustre (como tal sería o caso do propio Dº Sebastião)