
Dº Pedro Álvares Cabral, capitán da expedición portuguesa na procura dun camiño para as Índias, atopou unha nova terra, na actual Bahia, o 22 de abril do 1500, data esta do seu "descobrimento oficial". Esta nova terra, que os nativos tupís do lugar chamaban PINDORAMA ("terra das palmeiras"), foi ao principio denominada ILLA DE VERA CRUZ polos portugueses, e nela "tomaron posesión" erguendo un padrón real en nome da Coroa Portuguesa. Máis tarde, seria rebautizada como TERRA DE SANTA CRUZ, e posteriormente como BRASIL. A Coroa portuguesa non implementou unha política de colonización en serio para esta terra até 1530, desenvolvendo gradualmente a produción de azúcar para a súa exportación. O dominio portugués extendeuse até o 7 de setembro de1822, cando o Príncipe Dº Pedro de Bragança (futuro Pedro I) fixo a súa proclama nas marxes do rio IPIRANGA, en São Paulo: "Indepêncencia ou Morte !", iniciando así a súa camiñada independente como o país máis grande de sudamérica: o Império do Brasil.