
Programa da radio portuguesa adicado ao grande filólogo Manuel Rodrígues Lapa (Anadia,1897-1989), referente da lingua portuguesa e do movemento reintegracionista galego. De feito, as suas investigacións literarias e lingüísticas sobre a Galiza - "onde estão as nossas mais profundas raízes" - ocuparon grande parte do seu traballo. Destácanse, na sua obra, as Lições de Literatura Medieval (1933), a Estilística da Língua Portuguesa (1945), a Edición crítica das Cantigas d'escárnio e de mal dizer e dos Cancioneiros medievais galego-portugueses (1965), así como os seus estudos sobre Camões, Diogo do Couto ou Tomás António Gonzaga.